Pasar al contenido principal

Unha crítica sobre a sociedade moderna da man de Sarabela Teatro

Sarabela Teatro, unha das compañías galegas máis recoñecidas, adapta un texto de Jean Luc Lagarce, escrito en 1993,  para expoñer, de xeito irónico e mordaz, as regras que gobernan o saber vivir na sociedade, cos seus sen sentidos e hipocresías. A obra "Normas para saber vivir na sociedade moderna" parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola Baronesa Staffe.

Neste texto adaptado ás cinco voces de Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich;, e música en escena, tratarase de explicar a vida e as súas leis; todas as súas accións céntranse en intentar describir o xeito de controlar as nosas vidas. E así a linguaxe, coas súas estruturas e normas, declárase como a metáfora máis potente de todas as regras que nos demos para vivir civilizadamente.

A venda de entradas (4 e 3 €) será o 30 de novembro en horario de 11:30-13:30 h e 2 h antes da función.