Pasar al contenido principal

O Deporte tamén é unha alternativa para o nadal dos pequenos

Natación, obradoiros lúdicos, multideporte, cine, xogos acuáticos ou psicomotricidade. O Campamento deportivo de Nadal que organiza a Concellería de Deportes para nenos nacidos entre 2006 e  2014,  ofrece un amplo abano de actividades para que as vacacións escolares non se convirtan nunha rutina aburrida. 

Será no complexo deportivo municipal e hai varios prezos en función das datas escollidas e si eres ou non aboado da piscina. 

O primeiro turno é os días 24,26,27 e 28 de decembro e con opción de engadir o 7 de xaneiro 7. O segundo turno será os días 31 de decembro e 2,3,4 e 7 de xaneiro. O prezo neste caso é de 17'50 € para os socios e de 20 € para os aboados. 

Todo o campus ten un prezo de 31,50 € para socios e de 36 € para aboados. En todos os casos inclúese o transporte. 

Para os non socios ou aboados tamén se establecen tarifas. Se queres ir ao campus unha semana serán 30 euros, mentres que o campus completo costa 54 euros.