Pasar al contenido principal

Axudas municipais á creación de empresas 2016

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes segundo a convocatoria de subvencións á creación de empresas do ano 2016 publicadas no BOP do martes 7 de xuño de 2016, dentro do Programa de Axudas Municipais ao Fomento do Emprego para o ano 2016.

O prazo de solicitude será desde o 8 de xuño ao 15 de setembro de 2016.

As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse preferentemente no Rexistro de Promoción e Desenvolvemento, sito no Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parc. 46 (Pol.Ind.Sabón).

Consultar bases da convocatoria no BOP

 

Documentación necesaria:

  • D.N.I. ou N.I.E
  • Alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
  • Alta no Imposto de Actividades Económicas.
  • Informe de Vida Laboral.
  • Licencia de actividade de ser o caso.
  • Anexo I de solicitude.
  • Anexo II de declaración responsable.
  • Anexo III de memoria do proxecto empresarial.
  • Anexo IV de xustificación da subvención.
  • Anexo V relación de xustificantes.
  • Modelo de designación de conta bancaria.