Pasar al contenido principal

Mércores ecolóxicos para os escolares de primaria

Trátase dunha actividade dirixida á rapazada de Educación Primaria, e que pretende ser un espazo de experiencias e aprendizaxe teórico-práctico, orientado ao desenvolvemento sostible, á educación ambiental e á agroecoloxia onde se creará un horto e se fará compostaxe.

O alumnado desenvolverá múltiples experiencias relacionadas coa contorna rural, hábitos de responsabilidade e coidado da natureza.

Ofértanse 15 prazas e a preincrición está aberta do 18 ao 28 de febreiro na concellería de educación, na Avenida dos Bosques, número 16. 

A actividade dará comezo o día 13 de marzo en horario de 18:15 a 19:45h.

Documentos: