Pasar al contenido principal

As reunións sobre o transporte público chegan a Barrañán, A Lagoa, A Cachada e Monteagudo

O Concello segue coas xuntanzas cos veciños nas que quere coñecer as necesidades das distintas parroquias para a posta en marcha do novo servizo de transporte público "a demanda". Será un sistema con autobuses que prestarán servizo a cada núcleo rural ás horas e nos puntos que os veciños soliciten previamente. 

Preténdese, con este sistema, dar resposta ás necesidades particulares de transporte en cada núcleo co obxectivo de que os veciños podan trasladarse aos núcleos urbanos e, dende alí, podan enlazar coa liña circular, xa en marcha, entre Arteixo, Vilarrodís, Pastoriza, Oseiro y Meicende. Ou ben con outro tipo de transporte metropolitano. 

Os encontros comezan o próximo luns 25 de febreiro en Barrañán. Será ás 20 h no Centro Social. 

O martes será no Centro Social de A Lagoa, ás 20.30 h; e o próximo venres, xa 1 de marzo, ás 20 h no Centro Social de A Cachada e ás 21.30 h no Centro Social de Monteagudo.