Pasar al contenido principal

A rebaixa do canon de SOGAMA repercutirá no recibo do lixo que baixará tres euros anuais

Os veciños de Arteixo verán reflectido nos seus recibos a rebaixa do canon que aplica SOGAMA polo tratamento do lixo. 

O Concello pasará de pagar a SOGAMA 69,83 euros por tonelada de basura a abonar, por este concepto, 62,93 euros o que supón preto dun 3% de aforro para o municipio. 

A mesma porcentaxe traducirase este ano nunha rebaixa para os veciños que pagarán tres euros menos ao ano. Pasarán de 98 a 95 euros. 

Arteixo optou por tratar os seus residuos na planta de Cerceda despois do fracaso das negociacións con URBASER, concesionaria da planta coruñesa e o Consorcio de As Mariñas,

Arteixo adhíriuse así a outros 295 concellos galegos coa particularidade que será o arteixán o primeiro municipio galego en depositar os seus restos orgánicos na nova planta de compostaxe que acaba de abrir o complexo de Cerceda. A nova instalación ten previsto producir entre 3000 e 4000 toneladas de compost cada ano.

Ademáis da materia orgánica a planta de SOGAMA encárgase da fracción resto, aqueles materiais que non se separan nos fogares; mentres que o vidro se recollerá directamente no Concello por parte do xestor Ecovidrio.