Pasar al contenido principal

Música e poesía para homenaxear á migración galega

O programa cultural de Marzo en verso tprograma hoxe un espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, nunha homenaxe a migración galega. Será no Auditorio do CCC de Arteixo ás 20.45h.

Un verso, Un cantar”, de Queiman e Pousa,  é unha fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron a nosa voz e memoria dende outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan esa labor de supervivencia da nosa cultura.

Á declamación poderosa e sentimental de Bruxo Queiman únese o delicado e penetrante canto de Andrea Pousa nunha lembranza a memoria de todos os galegos que cruzaron o Atlántico en busca dun futuro mellor. 

O espectáculo é con entrada, 4€  para o público en xeral e 3 € para menores de 12 anos, estudantes de ensinanzas homologadas e para maiores de 65 anos que o acrediten. A venda de entradas será o propio venres en horario de 11:30-13:30 ou 2 h antes da función.

Marzo en verso rematará co 3º Festival de primavera, un recital poético de escritoras/es, alumnado e intérpretes musicais locais organizado e presentado por Alfredo Ferreiro o próximo venres 22.