Pasar al contenido principal

O Terceiro Festival de Primavera conmemora o Día da Poesía

Arteixo conmemora un ano máis o Día Mundial da Poesía coa celebración do seu Terceiro Festival de Primavera. 

Será o venres 22 de marzo no Auditorio do Centro Cívico e Cultural a partir das 20.45 h.

A velada contará coa presenza de Diana Varela, Estíbaliz Espinosa, Xulio Valcárcel e Alfredo Ferreiro ademáis de alumnado do IES Manuel Murguía. Acompañarán os versos os intérpretes da Escola Municipal de Música. 

É un evento para todos os públicos ao que se pode acceder con invitación. Pódese recoller unha hora antes do espectáculo na billeteira do CCC. 

Poesía