Pasar al contenido principal

Un espectáculo único chega a Arteixo para conmemorar o Día Internacional da Danza

Arteixo celebra o Día Internacional da Danza cun espectáculo único que encherá o auditorio do centro cívico el cultural o venres 26 de abril. 

A compañía La Macanaformada por Caterina Varela e Alexis Fernández, pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de 14 anos en Pink Unicorns, unha peza que plantexa o reto de poñer en escea a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.

Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un. Unha ocasión única de desfrutar de dous corpos nacidos para o movemento.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña, o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

Trátase dun espectáculo ideal para a mocidade arteixá que comezará ás 20.45 h. As entradas costan 4 euros para o público en xeral e 3€ para colectivos especiais. 

La Macana