Pasar al contenido principal

Arteixo adica máis de 35.000 euros a axudas para actividades e investimentos culturais

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais do ano 2019.

Trátase de apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantenemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura.

Extracto da convocatoria

1)Obxecto.-. apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantenemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura.

2)Beneficiarios.- entidades legalmente constituídas. Excepcionalmente, poderán presentar solicitude de subvención para programas considerados de especial relevancia as comunidades veciñais, comités organizadores e persoas físicas que cumpran os requisitos.

3)Bases.- bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades para actividades e equipamentos culturais publicadas no BOP.

4)Contías.- as contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2019, ascendendo a un total de 31.400,00 e con cargo á partida 334.48901 para actividades e a un total de 4.000,00 con cargo á partida 334.78000 para equipamentos.

5)Criterios de valoración.- as bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para cada caso.

6)Prazo de presentación de solicitude.- o prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte da publicación da convocatoria correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP). (Ata o 24 de maio de 2019)

7)Prazo de xustificación.- O prazo de presentación dos xustificantes rematará o 30 de novembro do ano que andamos”

Ligazóns: