Pasar al contenido principal

A Deputación reserva dez prazas para nenos de Arteixo nos seus campamentos de verán

Máis de 300 rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación.

Ao Concello de Arteixo correspóndelle 10 prazas, e será na terceira quenda, do 14 ao 19 de xullo.

Para poder optar a estes campamentos é necesario facer a preinscrición e entregala no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O prazo remata o día 31 de maio de 2019. En caso de que as preinscricións sexan máis das 10 prazas concedidas a este Concello realizarase un sorteo público no salón de plenos municipal o 3 de xuño de 2019 ás 11.00 h horas.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade cumpridos no presente ano, empadroados en Arteixo e desenvolveranse no Colexio Calvo Sotelo de A Coruña.

O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.