Pasar al contenido principal

A biblioteca une mar e poesía nun roteiro que festexa os seus 30 anos

A Rede Municipal de Bibliotecas e o escritor arteixán Xabier Maceiras, unen poesía e mar nun roteiro poético literario polo paseo marítimo da costa arteixá. Trátase dunha actividade enmarcada nos actos cos que se festexa o 30 aniversario de Bibliotecas en Arteixo.

A saída será as 11 da mañá desde a praia de Sabón. Maceiras contará, durante o percorrido, algunhas historias do mar arteixán, falará de lendas que dan nome a varios topónimos do litoral de Arteixo, e dará lectura a algúns textos nos que autores como Eduardo Pondal, Eugenio Carré ou Antón Castro, mencionan esta parte do Atlántico.

A actividade finalizará na praia de Valcobo antes de voltar, xa de forma individual, ao punto de partida.