Pasar al contenido principal

Educación recibe máis de 600 solicitudes de axudas para comedor escolar e preto de 400 para material

O Concello de Arteixo finalizou o prazo de recepción de solicitude de axudas ao estudo para o curso 2019/20120. Solicitáronse 604 peticións para as becas de comedor e 394 para as axudas para a compra de material escolar Son as correspondentes as liñas 1 (axudas para comedor) e liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico). O concello adica a este fin un total de 260.000 euros.

As axudas para o comedor destínanse a  alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal.

O destinado para adquisición de libros e material didáctico beneficia ao alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.

Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100% aproximadamente do prezo destes servizos. Os interesados poderán recibir información no departamento de educación municipal. Todas estas axudas están pensadas para todos os nenos que estexan empadronados no concello de Arteixo.