Pasar al contenido principal

Panorama e París de Noia destacan nunhas festas nas que repite Serafín Zubiri

Panorama, París de Noia ou Los Satélites son algunhas das orquestras que subirán ao escenario das Festas do Apóstolo 2019 que comezarán, de forma oficial, o 21 de xullo próximo coa celebración, na área do Seixedo, do Día da Familia. 

O programa complétase con cine, deporte e espectáculos de rúa ademáis do concerto, por segundo ano, de Serafín Zubiri. O navarro, acompañado de Mikel Herzog e a banda de música Santiago de Arteixo traerá á Praza do Balneario a música dos anos 70 para rememorar éxitos de Camilo Sexto, Mari Trini ou Cecilia, entre outros. Será o 25 de xullo. Tamén estará, no mesmo escenario e acompañada da Banda Xuvenil de Arteixo, Gisela que ofrecerá un concerto sinfónico de "Fantasía" o día 26 ás 8 da tarde. 

Apostol

 

Documentos: