Pasar al contenido principal

As obras da AC-551 obrigan ao peche temporal do túnel que une Laxobre e Ponte

As obras que acomete a Xunta de Galicia e que conectan o Polígono de Morás coa A-6 e a autopista A Coruña-Carballo inclúen nunha das súas fases o desdoblamento da AC-551, a estrada que une o cruce de Sabón con ambas vías. 

Eses traballos provocarán o peche temporal do túnel que une os núcleos rurais de Laxobre e Ponte. O peche será efectivo dende o mércores 31 de xullo e as previsións do goberno autonómico indican que podería se reabrir ao tráfico ne mes de decembro. A  AC-551 pasa por encima dese túnel. Os residentes dos núcleos de Ponte e Laxobre terán que utilizar as saídas que teñen a través de Vilarrodís e O Seixedo.