Pasar al contenido principal

Setembro trae unha nova edición da marcha BTT da A.D. Jarnachas

A Asociación Deportiva Jarnachas protagoniza a axenda deportiva da fin de semana coa celebración da VI Edición da ruta BTT. 

Serán 45 kilómetros e 1200 metros de desnivel, o próximo 8 de setembro, con saída e chegada no campo de futbol Ponte dos Brozos, na avenida de Arsenio Iglesias, ten un formato de proba ciclodeportiva de velocidade libre con control de tempos. A saida terá lugar ás 9.00h, e durante o percorrido haberá diversos avituallamentos. Paralelamente á ruta ciclista organizase unha ruta de sendeirismo por Sisalde. Ao final da marcha, sobre as 14.00h, haberá unha comida para o que estivese apuntado á mesma, así como un concerto durante a sobremesa.

A organización prevé a participación duns 300 deportistas. 

cartel