Pasar al contenido principal

Setembro trae de volta o programa de animación á lectura da Biblioteca

"Ler conta moito" é a campaña de dinamización lectora da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia á que cada ano súmase o Concello de Arteixo. 

Neste 2019 a iniciativa chega co obxectivo, ademáis do habitual de fomentar a lectura, de servir como concienciación contra a violencia de xénero. 

A maioría das actividades están enfocadas para rapazada de 4 a 11 anos, aínda que tamén resérvanse catro actividades para bebés de 1 a 3 anos.

Serán, entre setembro e outubro, 26 actividades na diferentes bibliotecas e sempre, salvo que se indique o contrario, ás 18.30 h. 

O prazo para se apuntar nas actividades con límite de praza, que se cubrirán  por orde de inscrición, xa está aberto.