Pasar al contenido principal

Alerta vermella na costa de A Coruña para mañá

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará ao litorais das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá. Ademais, desde as 00,00 horas, quedará tamén activado o nivel de alerta laranxa por neve  nas zonas de montaña de Lugo e Ourense que pode acadar espesores superiores aos 20cm en zonas por riba dos 800-900 metros

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), dende primeiras horas desta tarde, o litoral da Coruña e a partir da madrugada nos litorais de Lugo e Pontevedra activase alerta laranxa con vento do oeste e suroeste de forza 7, que pode acadar ata forza 9 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros.

Este nivel de alerta laranxa pasa ser de nivel vermello a partir das primeiras horas de mañá nos litorais de Pontevedra e A Coruña, con mar combinada do noroeste que pode acadar ondas de 9 metros, con especial incidencia na costa da Morte, onde poden acadar os 10 metros e o vento, que será do oeste-noroeste, pode acadar forza 9.

Debido a que o fenómeno metereolóxico  coincide con mareas vivas e máximos de oleaxe na preamar é probable que que teña especial incidencia en puntos sensibles, na costa da morte  e nas Rías Baixas. A situación manterase ata o final de mañá que pasará a haber alerta laranxa en todo o  litoral galego,