Pasar al contenido principal

"Sexo seguro" no centro cívico de Arteixo

Sexo Seguro. Seguro? Seguro!" é un monólogo, pero tamén é burlesque, pero también é un espectáculo con globos.. .pero tamén ten maxia.

Que é o sexo? Que é o Amor? É o sexo mellor con Amor? Por onde comeza o Amor? Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesmo? 

Este espectáculo aborda temas complexos dende unha perspectiva cómica; sen restarlles a súa importancia, pero quitando o veo e os clichés sociais, danos a oportunidade de asomarnos ao AMOR con maiúsculas. Con moita participación do público dende o asento e dende o escenario. 50 minutos de risos, emoción, xemidos, gargalladas e bágoas. 

Pero no só de diversión viven o home e a muller... Tamén hai tempo para o didáctico. Unha profunda e educativa reflexión sobre o amor e a profilaxis enfía transversalmente este espectáculo, deixando un pouso sobre saude, respeto e empoderamento.

Mais ... no ten preocupes! O qu eacontece no show... queda no show!

Público adulto (+ 14 años)

Prezo da entrada: 3 € (2,25 € para estudantes de ensinanzas homologadas e maiores de 65 anos que deberán acreditarse).

Venda de entradas: o venres 7 de febreiro de 11:30-13:30 h ou 2 h antes da función (18:45 h) na Billeteira do CCC de Arteixo.