Pasar al contenido principal

Arteixo adica o seu entroido aos "tolos vinte"

A Concellaría de Cultura e Festas fai público o programa de Entroido 2020 que, nesta ocasión, adícase a "Os tolos vinte".

A programación, entre o 23 e o 26 de febreiro, aposta novamente polos concorridos e xa tradicionais concursos onde se repartirán un total de  8.770 € en premios. O concurso infantil de disfraces será, nesta ocasión, o domingo 23 de febreiro animado polo cómico FRAN REI, nome fundamental do clown galego, mentres que os concursos de carrozas, comparsas e disfraces de adultos terá lugar o 25 de febreiro no campo da festa, cun animador moi especial, o monologuista TITO ROBER, que facerá de mestre de cerimonias, mentres que o baile correrá a cargo do DÚO MATICES. 

Os máis pequenos teñen a súa FESTA INFANTIL DE ENTROIDO no Campo da Festa o luns 24 de febreiro con festa de inchables, DJ., fotomatón, obradoiros, postos de filloas...

Finalmente, o 26 de febreiro, mércores de cinza, o grupo KAMARU oficiará a tradicional Queima do Meco  para acompañar aos veciños que o desexen no tradicional cortexo fúnebre que sairá da Praza do Balneario, percorrerá as principais rúas do centro da vila e rematará coa tradicional queima do meco no Anfiteatro.

entroido

 

Documentos: