Pasar al contenido principal

Os títeres de Galitoon chegan ao Centro Cívico de Arteixo

A Compañía galega Galitoons desembarca en Arteixo para presentar o seu espectáculo "The Show Moscón". Trátase dun circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem.

Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, incríbles bebés equilibristas, marabillosos números de Danza e un sen fin de humor... .

O espectáculo, para público familiar, comeza ás 20 h e as entradas costan 3 € oy 2,25 para estudantes e maiores de 65 anos.