Pasar al contenido principal

Teoría e práctica para buscar emprego en internet

O Centro Sociocultural de Meicende será durante un mes, a partir do 9 de marzo, a sede dun curso denominado "Alfabetización dixital posiciónate" que se enmarca dentro do programa "Lanzadeiras conecta emprego". 

Trátase dunha acción encamiñada a mellorar as competencias  dixitais básicas na búsqueda de emprego. Serán 30 horas de formación distribuidas en talleres prácticos. 

A actividade, en horario de mañá, iníciase o 9 de marzo e conta con dez prazas dispoñibles para personas desempregadas entre o 18 e os 60 anos. Entre outras cousas, aprenderán a xestionar unha conta de correo electrónico para a búsqueda de emprego, crear un currículum en "office" ou a utilizar unha base de datos para unha presentación profesional. 

Os interesados poden inscribirse, ata o 3 de marzo próximo, nas lanzadeiras de emprego ou nas instalacións da Oficina de Emprego de A Coruña na rúa Orillamar, nº 78. En horario de 9 a 14 horas.

cartel