Pasar al contenido principal

O peche da biblioteca renova automáticamente os préstamos ata novo aviso

Por orde da Concelleira de Cultura Ana Bello Vázquez e seguindo as instrucións do Bando de Alcaldía, a partir do sábado 14 de marzo, as bibliotecas do Concello permanecerán pechadas ate novo aviso.

Os préstamos en vigor, quedan automáticamente renovados ata nova orde e sen perxuízo para usuarias e usuarios.

As actividades programadas quedan igualmente suspendidas ata novo aviso.