Pasar al contenido principal

O Concello pagará directamente as becas de comedor escolar

O concello cambiará a forma de pagar as becas de comedor escolar ás cerca de 300 familias do alumnado beneficiario destas axudas.

Debido a crise do coronavirus, as axudas non se estaban facendo efectivas posto que o concello paga directamente as empresas que fan o servicio de comedor nos centros escolares. A interrupción das clases tamén provocou a interrupción deste pago dos menús dos beneficiarios das becas de comedor. O cambio na forma de pago permitirá a estas familias recibir igualmente a beca comedor que se lles adxudicou, posto que concello as abonará directamente as familias mentres dure a crisis.

En este sentido, debido á suspensión do servizo de comedor escolar, as familias están asumindo o custo dos menús diarios dos seus fillos e fillas que, en período lectivo, no caso de ser beneficiarios dalgunha axuda por parte do Concello de Arteixo, correrían a cargo do concello en todo ou en parte.

O Concello de Arteixo considera imprescindible dar unha resposta adecuada ás familias que xa están sendo beneficiarias este curso 2019-2020 dunha axuda para comedor escolar, evitando os prexuízos que se lles puidesen producir pola suspensión da actividade educativa e dos servizos educativos complementarios.

O outorgamento das axudas realizarase, previa solicitude e xustificación, nos termos que se darán a coñecer ao longo dos vindeiros días, sen concorrencia competitiva.

O importe máximo subvencionable mensualmente para cada unidade familiar é o aprobado no Decreto 2565/2019 e que foi publicado na web municipal e comunicado a nivel individual a cada familia.

O período subvencionable será o comprendido desde o primeiro día da suspensión do servizo (16 de marzo) ata que se poida reanudar ou se acorde a súa finalización (inicialmente prevista para o 19 de xuño).

Por outra parte, as actividades extraescolares, ainda que se suspenderon de xeito presencial nos distintos centros de ensino, están continuando telematicamente a través das redes sociais.