Pasar al contenido principal

Programa cultural Santiago Apóstolo 2020

cabeceira

 

O 11 de marzo de 2020 a Organización Mundial da Saúde elevou a situación de emerxencia de saúde pública xerada pola expansión do coronavirus COVID-19 a nivel de pandemia internacional, o que está a xerar unha crise sen precedentes recentes que afecta a todos os sectores, incluído o cultural e festivo.

 

Esta situación obríganos a adoptar medidas drásticas para a prevención e loita contra a pandemia, como é a anulación de todos os actos festivos de masas, tales como verbenas, atraccións de feira, concertos….típicos das festas populares. Nembargante, o Concello de Arteixo presenta un programa cultural que se desenvolverá durante as datas de celebración do Santiago Apóstolo como sinal de apoio a cultura e as tradicións, pero coa adopción de todas as medidas que permitan disfrutar dos actos cuns mínimos riscos para a nosa saúde.

 

Esta versión adaptada ás novas circunstancias, supón a primeira programación cultural presencial do Concello despois dun longo parón e inclúe 5 espectáculos de formato medio, cunha capacidade limitada e utilizando 3 espazos públicos ao aire libre como son o Anfiteatro, a Praza do Balneario e o Campo de Fútbol.

 

Os lugares estarán delimitados e cuns claros accesos que posibiliten o control de espectadores a as posibles aglomeracións. O público deberá permanecer sentado e o acceso será gratuíto, aínda que haberá que recoller as oportunas invitacións na Billeteira do CCC para controlar o aforo. Os menores deberán estar acompañados por adultos e a totalidade dos presentes deberá realizar o protocolo de desinfección de mans, sendo obrigado o uso de máscaras para todos os asistentes de 6 ou máis anos.

 

A apertura do programa a realizará o sábado 25 a AX XIRADELA coas tradicionais alboradas interpretadas por 3 grupos de gaiteiros que percorrerán as rúas centrais do casco urbán. Ese mesmo día, a partir das 18:00 se poderá acceder ao Anfiteatro para asistir ao espectáculo familiar “OhLimpiadas” con portés, danza e moito humor ofrecido polas circenses SINCRONACIDAS.

 

Máis, sen dúbida, a estrela deste día será o AUTOCINEMA, unha primeira experiencia de cine en coche en Arteixo que terá lugar no aparcamento do Campo de Futbol a partir das 22:30 h. A asistencia será libre, e exercerase un control por orde de chegada ata completar o aforo. Ademais, será facilitada a información necesaria tanto para a entrada ao recinto, o aparcamento como para o abandono do mesmo en condicións de seguridade.

 

O laureado “Green Book”, de 130 m de duración, será a o drama/comedia proxectado, onde Tony Lip (Viggo Mortensen), é un rudo italoamericano que en 1.962 é contratado como chófer dun virtuoso pianista negro. Ambos emprenderán unha viaxe para unha xira de concertos polo sur de Estados Unidos, onde Tony deberá ter presente “O libro verde”, unha guía que indicaba os poucos establecementos onde se aceptaban aos afroamericanos. Son 2 persoas que terán que facer fronte ao racismo e aos prexuizos, mais ás que o destino unirá, obrigándolles a deixar de lado as diferencias para sobrevivir e prosperar na viaxe das súas vidas.

 

Este sistema de “autocine” baséase en manter o sistema de proxección que se utiliza normalmente para calquera proxección de cinema (pantalla, proxector…) pero trasladando o equipo de son necesario ao coche particular de cada persoa que asista á actividade. Existirá persoal tanto á entrada ao recinto como dentro do mesmo e á saída. Os vehículos manterán a distancia necesaria que asegure o visionado da película en condicións de seguridade axeitadas e adaptadas á situación actual.

 

O domingo 26, ás 18:00 h, nos visitará o mago DANI GARCIA que co seu divertido espectáculo infantil de maxia teatral “Don Gelati” se instalará no Anfiteatro.

 

Ás 20:30 h do mesmo día, pero xa na Praza do Balneario, desembarcará o 3º Festival “Elas son artistas” con LAS ANTONIAS, un quinteto coruñés que son sinónimo de feminismo, letras divertidas e mistura de estilos. Teremos a Ana Lee (Os Fresquiños) como cantante e muller poderosa, a Mamen Bazarra guitarra e voz, a Helena García no fagot e caixón flamenco, a Sabela García na batería e a última fichaxe é Marina Gundín ao teclado e voces. Un concerto no que atoparemos melodías coñecidas como My Way de Frank Sinatra ou boleros como Algo contigo, mais o seu inconformismo fai que as letras muden para transformarse en tratados de inconformismo das mulleres sempre coa retranca presente en cada estrofa. O seu paso polo programa de TVE Un país para escucharlo deulles a oportunide de chegar a actuar no Festival Noroeste, Festival de la Luz e facer xira a nivel nacional.

 

Diversión para toda a familia, iso si, con mascarilla e sen poder bailar como nos gustaría.

 

Máis sen dúbida, “Crónicas do Paraíso” con SARABELA TEATRO, espectáculo creado e dirixido por Gonçalo Guerreiro e interpretado por Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu e Elena Seijo poñerán o broche de ouro a este programa no Anfiteatro con unha novidosa aposta teatral para adultos. Esta obra constitúe unha homenaxe á poética de Cunqueiro a partir das “Crónicas de Sochantre” e amosa unha crítica social das que rescatan as referencias á época contemporánea nunha cidade calquera do mundo occidental.

Apostolo2020