Pasar al contenido principal

Aprobación Inicial do Proxecto de Equidistribución da UA-8.

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 27 de agosto de 2020, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de equidistribución da UA 8, asinado polo arquitecto don Ángel Luís Monteoliva Díaz e a avogada dona Blanca Monteoliva Pereira.

Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren oportunas.

Dando cumprimento ó citado acordo, publicouse anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do día 21 de setembro de 2020.

Aos efectos de dar cumprimento ao artigo 270 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do suelo de Galicia sométese o proxecto a información pública polo prazo de UN MES mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, e nun xornal dos de maior difusión da provincia, encontrándose asemade a disposición dos interesados na sede electrónica de este Concello.
Asinado dixitalmente na data do documento electrónico.-

Tempo de exposición: ate o 28 de outubro de 2020.

Documentos: