Pasar al contenido principal

O Concello presenta no centro cívico o 30º Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía"

O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o noso Patriarca, celebra o 30º Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" nun acto a desenvolver o día 13 de novembro ás 20:00 hs.

No acto, que será público ás 20:00 h deste venres 13, se descubrirá unha praca conmemorativa da escultura realizada por Dores Polo e Benito Freire que se instalará no exterior do CCC de Arteixo. Unha obra escultórica de ferro, azulexos e case 2 m. de altura que será brevemente presentada polos seus creadores se a climatoloxía o permite.

Ademais se instalará unha pancarta xigante no muro do CCC alegórica de este efeméride e que permanecerá ata maio de 2021.

A continuación, seguindo a liña de apoio á cultura nun ano no que moitas das actividades culturais son canceladas, o Concello de Arteixo continúa co seu programa semanal do Outono Cultural ofrecendo 30 convites para asistir ao concerto de BLACK “Soul e literatura” no Auditorio, un paseo entre liñas pola música negra deseñado coa intencionalidade de poñer en valor a cultura negra, así como a relación entre música e literatura, a través dun coidado repertorio musical interpretado en directo por Iria Mejuto, intercalado con lecturas de libros de diversa índole, nos que a música está presente agasallándonos cunha viaxe polas melodías do soul.

Os asistentes tamén poderán contemplar na Sala de Exposicións do centro as obras (esculturas, pinturas e fotografías) do gañador e doutros 13 artistas seleccionados polo xurado do XVI CERTAME ISAAC DÍAZ PARDO DE ARTES PLÁSTICAS da Deputación Provincial da Coruña.

A 30ª Edición deste certame amplía novamente a súa dotación económica ata os 7.000 euros. 

black

 

Documentos: