Pasar al contenido principal

Arteixo pon en marcha plans de formación para 120 desempregados

O concello de Arteixo , en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, poñerá en marcha o Obradoiro de Emprego “Mellora dos equipamentos municipais”.

Trátase dun obradoiro dual no que se impartirá a especialidade formativa de Pintura Industrial  en construcción, con un total de 20 alumnos/as traballadores/as para a citada especialidade.

Comezará cara ao  15 de decembro de 2020 e rematará no mes de setembro de 2021.

Os/As 20 alumnos/traballadores serán seleccionados/as a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que será indispensable estar inscrito/a como tal no SPEG. Unha vez seleccionados/as, logo de superar un tribunal avaliador segundo as bases aprobadas,  serán contratados/as a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

Durante este período , os alumnos/traballadores cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo  recibirán formación conducente á obtención do certificado de profesionalidade EOCB0311-Pintura industrial en construcción, ademáis dunha formación específica en alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, Igualdade e Orientación profesional e formación empresarial.

Este grupo de alumnos/as traballadores/as estará dirixido por un/unha directora  e dous/duas docentes, e realizarán  distintas  actuacións de pintura interior, exterior, barnizado, lacado e tratamentos de elementos metálicos en instalacións propias do Concello de Arteixo.

Seis especialidades para formarse

Paralelamente, o concello de Arteixo tamén pon en marcha os denominados Programas Integrados de Emprego, que teñen por obxecto a mellora da ocupación e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.

O Programa Integrado de Arteixo beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción e mulleres.

O novo programa inclúe accións de formación específica de:

  • caixeiro/repoñedor/operario de almacén,
  • operario de almacén/produtos de pesca
  • atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (certificado de profesionalidade),
  • axudante de cociña,
  • operacións básicas de restaurante e bar,
  • operario de limpeza

O alumnado tamén recibirá formación transversal en: prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca/coaching, emprego 2.0, emprendemento, orientación laboral... A duración estímase que será para o  mes de decembro.

Importante: as persoas interesadas en formar parte do Programa Integrado deberán solicitalo en Oficina de Emprego (consignando o código 930).