Pasar al contenido principal

Aprobación inicial do proxecto de bases e estatutos da UA-5

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o venres 9 de outubro de 2020, acordouse aprobar inicialmente o Proxecto de Bases e Estatutos da UA-5, que tivo entrada no rexistro municipal en data 7/4/20 (1017).

Aos efectos de dar cumprimento ao artigo 302 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do suelo de Galicia, sométese o proxecto a información pública polo prazo de UN MES mediante publicación do Acordo no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e nun dos xornais de maior circulación, encontrándose asemade a dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello.

Notificouse de forma individual aos propietarios ou titulares de dereitos de contido patrimonial no polígono, a fin de que, por idéntico termo, formulen as alegacións pertinentes sobre o proxecto das bases de actuación e estatutos e soliciten a súa incorporación.

Dando cumprimento ó citado acordo, publicouse anuncio no diario El Ideal Gallego o día 07/11/2020 e no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña número 191 do 11/11/2020.

Arteixo, 11 de novembro de 2020.

D. Luís Alberto Castro Calvete (Concelleiro Delegado en materia de Urbanismo e Patrimonio por Decreto 1546/2020 do 10/07/20).