Pasar al contenido principal

O ciclo "A saúde das mulleres" trasládase ás Redes Sociais do Concello

Desbotar algún mitos e coñecer o noso corpo é o obxectivo da nova campaña que pon en marcha o CiM no ciclo anual "A saúde das Mulleres". 

Trátase dunha campaña, elaborada en colaboración coa educadora social Miriam Viñan, que se desenvolverá, nesta ocasión e debido ás restriccións provocadas pola COVID-19, nas redes sociais do Concello. 

O ciclo "A saúde das mulleres" desenvólvese dende o ano 2019 abordando distintos aspectos que afectan de forma específica á saúde das mulleres durante todo o ciclo vital. Preténdese así promover o benestar das mulleres a través do autocoidado e a promoción da saúde aportando información e sensibilización.

Entre outras, estas charlas, trataron temas como a endometriose, o cancro de mama, o parto respetado ou as desigualdades de xénero. 

Serán catro días con vídeos, carteis e mensaxes en facebook, twitter e Instagram no que se plasmarán diversos aspectos relacionados coa menstruación e nos que se recomendará aos seguidores lecturas para romper tabús e tratar abertamente a menstruación