Pasar al contenido principal

Sisalde Costa Arteixo

 

A Ruta Sisalde- Costa Arteixo  dálle a coñecer ao visitante a diversidade de ambientes naturais que amosa o municipio de Arteixo, desde a área litoral ata a ribeira do río Bolaños. Na parte costeira da ruta, o camiñante pode deleitarse coas grandes formacións areosas das praias O Reiro, Barrañán, As Combouzas, Area Grande (Valcovo), Area Pequena, Repibelo, A Salsa, O Rañal ou Alba/Sabón e os areais de Suevos, así coma coas formacións dunares presentes nos areais. Desde os moitos puntos de observación ou miradoiros que dan á costa, pódense divisar numerosas especies mariñas de aves e algunhas de mamíferos. Na parte interior da ruta, o sendeirista camiña polo tramo fluvial do río Bolaños, que se caracteriza pola súa gran riqueza florística, especies autóctonas de ribeira en sintonía co desenvolvemento industrial do concello.

 

 

 

 

Lonxitude: 7,7 km
Punto partida: Praia Barrañán
Punto chegada: Arteixo
Percorrido: Barrañán, As Combouzas, Area Grande (Valcovo), Area Pequena, Repibelo, A Salsa, O Rañal ou Alba/Sabón, Suevos e Paseo fluvial do Rio Bolaños
Dificultade: Baixa
Duración: 2,5 
Apto para bicicleta: Si

Máis información aquí