O SERGAS leva a cabo un cribado entre a poboación de Arteixo
O SERGAS realizará un cribado masivo á población de Arteixo de entre 15 e 50 anos. Todos os veciños nesa fraxa de idade serán citados mediante unha mensaxe nos seus teléfonos móbiles.
Será entre o próximo domingo 24 e o mércores 27 de xaneiro.
O cribado lévase a cabo na Avenida de Arsenio Iglesias á altura do aparcamento do campo de fútbol e o instituto Manuel Murguía.
Realízase en coche e recoméndase acceder a través da rotonda onde conflúen a Avenida de Figuieroa, a Avenida da Diputación e a Avenida de Arsenio Iglesias.

