Pasar al contenido principal

A literatura galega a debate no Día Internacional do libro

A Concellaría de cultura conmemora o Día Internacional do Libro cunha mesa-debate sobre a Situación actual da Literatura Galega. 

Cal é a situación actual da literatura galega dende o punto de vista da creación, produción, divulgación, recepción e posta en valor?

A xestión da presente crise sanitaria non debía ter implicado o fomento da lectura e en xeral o consumo doméstico de cultura galega?

Non tería que servir para combater lacras do confinamento como o consumo de drogas ou a violencia doméstica?

Non tería que ter contribuido aproximar a creación literaria actual ao seu público natural?

A estas e a outras cuestións tratará de darselles resposta este venres 23 de abril-19:30 h no Auditorio de Arteixo, a través dunha mesa-debate ao que poderás asistir presencialmente ou seguir por streaming a través de Facebook

Este acto enmárcase dentro das actividades conmemorativas do 30º Aniversario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.

Súmate a nosa TRIBO LITERARIA e celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO compartindo connosco reflexións sobre a situación actual da literatura galega!

literatura