Pasar al contenido principal

O complexo de piscinas recupera as actividades infantís

O Centro deportivo Municipal de Arteixo, xestionado por BeOne, volve a ofrecer actividades infantís co obxectivo de recuperar o plantexamento anterior ao inicio da pandemia. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se vólven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Borja Martínez, director da instalación.


O centro deportivo recupera ademáis o seu espazo habilitado para zona de xogos infantís para que os pais poidan adestrar mentres os seus fillos gozan nun espazo seguro. O centro deportivo municipal conseguiu que o usuario siga gozando da mellor experiencia deportiva, pero con todas as garantías de saúde, seguridade e benestar. Adaptou as súas instalacións para cumprir con todas as esixencias estatais, comunitarias e locais e adoptou unha serie de protocolos propios para garantir o benestar e a seguridade.
Todas as medidas adoptadas no centro, coma nos outros centros deportivos que xestiona BeOne, estiveron auditadas e certificadas pola Cátedra do Deporte da Universidade Politécnica de Valencia. Entre as medidas adoptadas cabe destacar o reforzo en hixiene, limpeza e desinfección, a toma de temperatura no acceso, a renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación, os puntos de desinfección de calzado e mans, o horario preferente para maiores de 65 anos, a reserva previa de actividades ou o control de aforo para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios. Na zona de auga, tanto en piscinas como spa, reforzáronse ao máximo as medidas de desinfección e limpeza e contrólanse exhaustivamente os parámetros técnicos nestes espazos.

Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas fisicamente teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir un ingreso por coronavirus que as persoas sedentarias, ata oito veces máis.


Novo horario
Grazas ao novo toque de queda das once da noite anunciado pola Xunta de Galicia, o Centro Deportivo Municipal de Arteixo volve abrir ata ás dez e media da noite de luns a venres.
NOTA DE