Pasar al contenido principal

O novo servizo de valoración física xa é un éxito

Os veciños de Arteixo responden por encima das expectativas iniciales  ao novo servizo de valoración física que ofrece o concello de Arteixo.

As prazas dispoñibles esgotáronse ás tres semanas da posta en funcionamento do servizo. Actualmente hai 90 personas máis esperando os novos turnos.

O servizo  é permanente, polo que acabaranse atendendo todas as solicitudes que se produzan. Tras o inicio do servizo, o concello recibiu a felicitación do Presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia), Henrique Xoán Rodríguez, pola implementación dun programa posto en marcha polo Servizo Municipal de Deportes do concello de Arteixo que dirixe Puri Zas.

Denominado "Valoración da condición física", este proxecto trata de mellorar a saúde da poboación arteixán en base a unha valoración da condición física e de doenzas músculo – esqueléticas, onde unha vez detectados os puntos clave de cada usuario e usuaria, estableceranse unhas pautas a seguir cun EDUCADOR FÍSICO DEPORTIVO especialista en readaptación de lesións e alto rendemento, que de forma individualizada e ao longo de catro sesións perseguirá amosarlle as vantaxes da práctica do exercicio de forma regular, así como buscarlle acomodo dentro da programación deportiva municipal ou a recomendación de outras actividades que melloran a súa saúde.

Na valoración da condición física buscarase coñecer os patróns de movemento ou de hábitos de vida que sexan prexudiciais para o usuarios e usuarias, axeitando así un programa de prescrición de exercicio con carácter individualizado, que incida nas facetas máis relevantes a traballar. Unha vez se executen as catro sesión de adestramento volverase a realizar unha valoración para coñecer o grao de mellora e animar ao usuario ou usuaria a seguir adestrando nunha das actividades das EDM ou propoñerlle unha actividade acorde as súas necesidades.

Dito servizo poñerase a disposición de persoas maiores de 6 anos e tamén a disposición dos deportistas pertencentes ás entidades deportivas de Arteixo, tratando de axudar deste xeito a prevención de lesións e mellorar o rendemento nas competicións.

O servizo estará dispoñible en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 h e 16.000 a 17.00 h no ximnasio do campo de fútbol de Arteixo. Trátase de unha actividade gratuíta para a que é imprescindible concertar cita previa a través dos seguintes medios

  • No teléfono 610975065

No correo electrónico actividades@axinasd.com