Pasar al contenido principal

Obradoiro de conversa en inglés

O departamento de Participación Cidadá, da Concellería de Deportes, Xuventude e Participación Cidadá organiza o segundo obradoiro de conversa en inglés para maiores de 18 anos.  

Trátase dunha actividade de 12 horas de duración que se desenvolverá de forma presencial os días 24,25, 31 de maio e 1,7,8,14,15,21,22,28 e 29 de xuño e terá un custo de 6 Euros. 

Será na aula do campo municipal de fútbol, na avenida de Arsenio Iglesias en dous grupos. Os luns e os martes en horario de 20.30 a 21.30 h. 

Os interesados poden inscribirse ata o 17 de maio no Departamento de Participación Cidadá ou enviando a folla de inscrición cuberta a participacion.cidada@arteixo.org ou a través do formulario https://forms.gle/kcFRfuTQ4Fi9v7Bg6

En caso de ser necesario sorteo realizarase o martes 18 de maio ás10 h. no Salón de Plenos do Concello.

inglés