O Concello ilustra a recollida e xestión dos residuos municipais
O Centro Arteixo Innovación acolle o 30 de marzo próximo unha xornada, organizada polo Concello, na que se invita ós vecinos a coñecer distintas experiencias locais exitosas na área da recollida e xestión dos residuos municipais.
Participarán representantes do eido local de concellos como Vila-seca, en Tarragona e Allariz , en Ourense, que abordarán as posibilidades e vantaxes dunha xestión racional dos residuos a nivel municipal ou a optimización da xestión dos residuos municipais en Arteixo.
Os representantes de Tarragona exporán a súa experiencia cun quinto colector, mentres que os invitados de Ourense exporán a súa iniciativa de recollida porta a porta en establecementos e compostaxe da fracción orgánica en Allariz.
O encontro, aberto ó público, terá lugar o 30 de marzo, entre as 16 e as 19 h, no Centro Tecnolóxico de Arteixo.