Pasar al contenido principal

Arteixo busca modelos de xestión de residuos en Ourense e Cataluña

O Centro Arteixo Innovación acolliu onte unha xornada, organizada polo Concello, na que os veciños coñeceron distintas experiencias locais exitosas na área da recollida e xestión dos residuos municipais.

Xosé Manuel Romero, do concello de Allariz, explicou o obxectivo deste municipio de Ourense no que o plan de residuos contempla o aproveitamento do 80% do lixo depositado polos seus veciños. Trátase, expuxo, de separar en diferentes recipientes de recollida a materia orgánica, para a producción de compost; o plástico; os envases lixeiros como as botellas de plásticos; o tetrabrik, papel, cartón e o vidro.

No municipio tarraconense de Vilaseca, segundo a súa representante Manuela Moya, Manuela Moya, céntranse na contenerización de los residuos, un sistema que persegue a organización da recollida en contedores. Tamén analizou a transición que supuxo para este concello a utilización dun verquedoiro, ata o ano 1991, e o comezo dun modelo de xestión baseado na reciclaxe.

Esta xornada técnica é parte do plan de comunicación municipal sobre o novo sistema de xestión do lixo que se implantará no concello despois de que o goberno comunicase en decembro pasado a súa decisión de se desligar do consorcio de As Mariñas e que será efectiva, en canto á recollida de basuras, en xaneiro do ano 2018.