Pasar al contenido principal

O Centro Cívico de Oseiro se ubicará nunha parcela de máis de 3000 metros cadrados

O Concello inicia os trámites para adquirir unha parcela de 3.155 metros cadrados situada no núcleo histórico da parroquia de Oseiro co obxectivo de convertila nunha gran zona de ocio e equipamientos.

O novo equipamento consistirá nun centro cívico de 300 metros cadrados que dará servizo ós veciños para celebrar actividades municipais. A zona de ocio terá unha explanada de 700 metros cadrados que poderá se utilizar para todo tipo de eventos; e unha zona de xogos infantís e espazo biosaudable para os adultos.

O novo centro tamén contará cun aparcadoiro con unhas trinta prazas.

Tamén en Oseiro o Concello proxecta unha actuación para a eliminación de barreiras arquitectónicas en Sol y Mar. O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, visitou a zona acompañado dos técnicos municipais para comprobar as necesidades do barrio en canto a accesibilidade e comezar a definir o proxecto global.