Pasar al contenido principal

Todos os fondos da biblioteca municipal a un "click"

O novo servizo da Biblioteca está dispoñible neste enlace ubicado na páxina de inicio do Concello e permitirá, en breve, utilizar servizos como a suxestións, renovación de préstamos, reservas, ou solicitudes.

Os socios da rede de blibliotecas do concello poderán , en breve, xestionar casi toda a súa relación con este departamento a través da web para o que se lles facilitará un código de usuario e un contrasinal. Iso lles permitirá facer reservas, suxestións de adquisicións para os fondos e renovación do préstamo, aínda que só unha vez de cada documento e sempre que non teña reservas ou teña retrasos na entrega.

O sistema tamén amosará unha opción de axuda que orientará no manexo do mesmo dunha maneira moi intuitiva e sinxela.