Pasar al contenido principal

A policía local publica as normas para o San Xoan 2017

A noite de San Xoán é a noite do lume. Para evitar problemas nesa data festiva o departamento de Seguridade Cidadá ven de publicar as normas de seguridade para solicitar e celebrar as “Cacharelas da Noite de San Xoán 2017”. O prazo para solicitar a celebración dunha lumerada comezará o 12 de xuño e se prolongará ata as 14.00 h do día 23 de xuño.

A normativa prohibe de forma expresa a celebración de cacharelas na Praza do Balneario, Campo da Festa, zonas peatonais do Concello, e zonas axardinadas municipais.

O texto indica ademáis que a hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da madrugada e lembra a obriga de limpa-lo espazo autorizado ao remate da actividade.

Documentos: