Pasar al contenido principal

O programa integrado de emprego acada o acceso a un traballo do 60% dos participantes

Arteixo-Integra 2016-2017 atende a 60 persoas pertencentes a colectivos como mulleres, menores de trinta anos, desempregados de longa duración e persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego. A formación específica incluíu un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; dous cursos de caixeiro, repoñedor, mozo de almacén e manexo de carretillas, e un curso de axudante de cociña. Esta formación específica combinouse con outra transversal. Do mesmo xeito, durante o Programa, os alumnos realizaron prácticas laborais en empresas para facilitar a súa inserción laboral.

A Administración autonómica con esta actuación, que é unha demanda do tecido empresarial galego, financia o 100 por cento da formación das empresas que, pola súa banda, comprométense a contratar a un mínimo do 60% dos participantes. Aquelas compañías que superen este mínimo de inserción laboral contarán, ademais, con incentivos da Xunta para a contratación que poden chegar aos 9.000 euros no caso dun contrato indefinido.

Os Programas Integrados de Emprego melloran a inserción laboral dos seus participantes a través de itinerarios personalizados de orientación e asesoramento, ao tempo que ofrecen formación e prácticas en empresas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia apoiou, por quinto ano consecutivo, ao Concello de Arteixo para a posta en marcha desta iniciativa.