Pasar al contenido principal

O Campión do mundo de Trail regresa a Arteixo da man da Asociación Jarnachas

Luis Alberto Hernando, gañador do Campeonato do Mundo das Ultra Skyrunner World Series no ano 2015 vovle a Arteixo. Participará como invitado, como xa fixera hai dous anos, nunha nova edición do Trial Concello de Arteixo que organiza a A.D. Jarnachas en colaboración coa concellería de deportes. 

Hernando foi campión do mundo de Trail nos anos 2016 e 2017 e recentemente proclamouse campión da copa do mundo de ultra trail.

Trail Arteixo

No evento, xa consolidado nesta sexta edición, participarán máis de 300 dos mellores deportistas da modalidade 

Serán dúas modalidades de carreira, en tramo curto de 18 quilómetros; e un trail longo con un percorrido total de 28 quilómetros. 

O primeiro deles, con saída ás 10.30 h, enfronta un desnivel de 800 metros positivos. Os participantes, cunha idade mínima de 16 anos,  disporán de dous avituallamentos á metade do percorrido. 

O trail longo, que sairá ás 09.30 h, contempla un desnivel de 1800 metros e os participantes nesta modalidade, maiores de 18 anos, disporán de catro avituallamentos sólidos e líquidos.

Como actividade complementaria á proba deportiva, organízase unha charla coloquio denominada "Seguridade na Montaña", que terá lugar o sabado 28 de outubro as 20:30 horas no Centro Cívico Cultural de Arteixo, coa presenza de Luis Alberto Hernando. 

Trais