Pasar al contenido principal

Deportes pon en marcha unha nova edición do día do ciclismo en familia

Ruedíns, "correpasillos", bicicletas ou tándems. O día do ciclismo en familia admite calquera variedade sobre dúas rodas. 

Trátase dunha iniciativa que organiza o clube MB3 e que se desenvolverá o próximo 25 de novembro na zona deportiva de Arteixo. O prazo para se inscribir, de forma gratuita, remata o próximo 23 de novembro. 

A actividade consta de tres probas. Unha primeira carreita de "corre-pasillos" para os máis pequenos; unha carreira de bici con ruedíns e unha última proba de obstáculos en familia con participación de grupos. 

ciclismo