Pasar al contenido principal

Listaxe de admitidos e de espera para o obradoiro "Larpeiradas de Nadal"

Elaborar receitas sinxelas e coñecer os conceptos básicos da cociña son algúns dos obxectivos que se marca este curso que, de forma totalmente gratuita, terá lugar no centro sociocultural de Meicende entre o 26 e o 29 de decembro próximos. 

Só hai vinte prazas dispoñibles polo que houbo de se realizar un sorteo que tivo lugar o mércores 20 de decembro. O criterio empregado para o sorteo foi a letra do primeiro apelido que, unha vez extraída, correspondeuse coa "C".

No caso de que se produzan baixas ou que os admitidos non se presenten, e sempre que as circunstancias o permitan, se chamará ás persoas que figuren na listaxe de espera.

Documentos: