Pasar al contenido principal

Os maiores comezan a preparar o antroido

Elaborar o teu propio disfrace e participar na comparsa de animación que ateiga as rúas de Arteixo no martes de entroido. É o obxectivo do obradoiro que organiza a  Concellería de maiores, centros e actividades durante as próximas semanas en distintos centros do concello e con distintos horarios.

Os interesados poden participar, de forma gratuita, no obradorio que se desenvoverá no centro de maiores de A Baiuca ou no centro sociocultural de Meicende. 

O prazo para se inscribir finaliza o próximo 19 de xaneiro.  

Entroido18