Pasar al contenido principal

A alimentación como recurso educativo

A importancia de usar  a alimentación coma un  recurso educativo para os proxenitores e os seus fillos. A nutricionista Ana Golpe afondará neste e outros asuntos acerca da dieta saudable nunha charla que impartirá no Centro Arteixo Innovación o próximo 8 de febreiro. 

A cita incidirá na importacia de comer de forma saudable e cómo este hábito, dende a infancia, repercuta nunha mellor calidade de vida na etapa adulta. A charla fai fincapé na necesidade de que sexa o fogar o lugar idóneo para inculcar os principios básicos da alimentación para que a vida se desenvolva de forma saudable.

A charla terá un máximo de prazas polo que é necesario inscribirse. Hai que facelo, entre o 29 de xaneiro e o 6 de febreiro no Departamento de Educación. En caso de que haxa máis inscricións que prazas se fará un sorteo público. 

charla

 

Documentos: