Pasar al contenido principal

Os maiores do concello saen a cantar

"Por amor ao canto" é a actividade que a concellería de maiores, centros e actividades pon en marcha o próximo 24 de febreiro e que encherá de música as rúas do concello. 

Será a partir das 18'30 da tarde cando os integrantes do coro percorran as principais arterias de Arteixo para ofrecer unha serenata que culminará cunha actuación, xa no Centro Cívico, ás oito da tarde. Os interesados en acodir á actuación poden recoller as súas invitacións, gratuitas, o día 23 entre as 10 e as 12 h no centro de A Baiuca. 

Serenata