Pasar al contenido principal

O Kung Fu protagoniza o deporte da fin de semana

O Pazo dos Deportes acolle este sábado, a partir das 17 h, o Campionato galego individual de Kung Fu. 

Trátase dunha competición que organizan a AD Arteixo e o Ximnasio Di Som , en colaboración co Concello de Arteixo e a Federación Galega de Kung Fu Tradicional e Moderno.

Asistirán os mellores deportistas galegos da modalidade, en categoría feminina e masculina, agardándose unha numerosa participación.