Pasar al contenido principal

Baloncesto e fútbol para pasar a Semana Santa

Xúntate con dous ou tres amigos e disfruta do baloncesto. O CB Arteixo organiza o 1 de abril a decimoterceira edición do seu torneo de basquet 3x3 no que pode participar calquera a partir dos seis anos. Será no Pazos dos Deportes entre as 10 e as 14 h. Organizaranse diferentes grupos de xogo, en función das idades dos membros dos diferentes equipos participantes. Estes equipos, que poderán estra formados por entre 3 e 5 xogadores, poden ser masculinos, femininos ou mixtos.

Pódense recoller as follas de inscripción na oficina do Pazo ou a través da páxina web do clube

Baloncesto Arteixo

 

O fútbol chega o xoves 29 de marzo da man do Club Atlético Arteixo. Trátase do Torneo Infantil de Fútbol 8 - Concello de Arteixo. É unha competición na que participan 12 equipos conformados por xogadores de 13 e 14 anos. O lugar de celebración do evento son os campos de fútbol de Arteixo e dará comezo ás 11.00h, prolongándose durante todo o día e sendo as finais ás 18.15h, a entrega de trofeos será unha hora máis tarde.

Toda a información na páxina web do clube